[index]
galicien - galego
Declaración Universal dos Dereitos das Persoas
Preámbulo
A liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen por base o recoñecemento
da dignidade intrínseca e dos dereitos iguais e inalienables de tódolos
membros da familia humana;
O descoñecemento e o menosprezo dos dereitos da persoa orixinaron actos
de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; proclamouse, como a
aspiración máis elevada da persoa, o advento dun mundo no que
os seres humanos, liberados do temor e da miseria, disfruten da liberdade de
palabra e da liberdade de crenzas;
Esencial que os dereitos da persoa sexan protexidos por un ríxime de
dereito, co fin de que a persoa non se vexa compelida ó supremo recurso
da rebelión contra a tiranía e a opresión;
Tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións amigables
entre as nacións;
Os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na Carta a súa fe nos
dereitos fundamentais da persoa, na dignidade e o valor do ser humano e na igualdade
de dereitos de homes e mulleres; declaráronse resoltos a promover o progreso
social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade;
Os estados membros comprometíronse a asegurar, en cooperación
coa Organización das Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo
ós dereitos e liberdades fundamentais da persoa; e
Unha concepción común destes dereitos e liberdades ó da
maior importancia para o pleno cumprimento de dito compromiso;
A Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos
da Persoa como ideal común polo que tódolos pobos e nacións
se deben esforzar, para que tanto os individuos coma as institucións,
inspirándose constantemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación,
o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas
de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación
universais e efectivos, tanto entre os pobos dos estados membros coma entre
os dos territorios colocados baixo a súa xurisdicción.
Artigo 1ª.
Tódolos seres humanos nacen libres e iguais en
dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia,
díbense comportar fraternalmente uns cos outros.
Artigo 2ª.
Toda persoa ten os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración,
sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión,
opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional
ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición.
Ademais, non se fará ningunha distinción baseado na condición
política, xurídica ou internacional do país ou territoiro
da xurisdicción do cal dependa unha persoa, tanto se se trata dun país
independente coma dun territorio baixo administración fiduciaria, non
autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.
Artigo 3ª.
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade
da súa persoa.
Artigo 4ª.
Ninguín estará sometido á escravitude nin a servidume;
a escravitude e a trata de escravos está prohibida en tódalas
súas maneiras.
Artigo 5ª.
Ninguín será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis,
inhumanos e aldraxantes.
Artigo 6ª.
Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó reconecemento
da súa persoalidade.
Artigo 7ª.
Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distincin, dereito á
igual protección da lei. Todos teñen dereito á igual protección
contra todo acto discriminatorio que infrinxa esta Declaración e contra
toda provocación a tal acto.
Artigo 8ª.
Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo, perante os tribunais nacionais
competentes, que a ampare contra os actos que violen os seus dereitos fundamentais
recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Artigo 9ª.
Ninguín poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado.
Artigo 10ª.
Toda persoa ten dereito, en condicións de plena igualdade, a ser oída
publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar
os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación contra
ela en materia penal.
Artigo 11ª.
Toda persoa acusada de delicto ten o dereito a que se presuma a súa inocencia
mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en
xuízo público no que se lle asegurasen tódalas garantías
precisas para a súa defensa.
Ninguín será condenado por actos ou omisións que no momento
de se cometer non fosen delictivos segundo o dereito nacional ou internacional.
Tampouco se imporá pena máis grave que a aplicable no momento
de cometer o delicto.
Artigo 12ª.
Ninguín será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa
vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia,
nin de ataques á súa honra ou á súa reputación.
Toda persoa ten dereito á protección da lei contra estas inxerencias
ou ataques.
Artigo 13ª.
Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia
no territorio dun estado.
Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio,
e a voltar ó seu país.
Artigo 14ª.
En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar
del, en calquera país.
Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial
realmente orixinada por delictos comúns ou por actos opostos ós
propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 15ª.
Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.
Ninguín será privado arbitrariamente da súa nacionalidade
nin do dereito a cambiar de nacionalidade.
Artigo 16ª.
Os homes e as mulleres, a partir da idade núbil, teñen dereito,
sen ningunha restricción por motivos de raza, nacionalidade ou relixión,
a casar e fundar unha familia; disfrutarán de iguais dereitos en canto
ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do
matrimonio.
Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se
poderá contraer o matrimonio.
A familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito
á protección da sociedade e do estado.
Artigo 17ª.
Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.
Ninguín será privado arbitrariamente da súa propiedade.
Artigo 18ª.
Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de
relixión; este dereito inclúe a liberdade de cambiar de relixión
ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión
ou a súa crenza, individual e colectivamente, tanto en público
coma en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia.
Artigo 19ª.
Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión;
este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións,
o de investigar e recibir informacións e opinións e o de difundilas,
sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.
Artigo 20ª.
Toda persoa ten dereito á liberdade de reunión e de asociación
pacíficas.
Ninguín poderá ser obrigado a pertencer a unha asociación.
Artigo 21ª.
Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente
ou por medio de representantes libremente escollidos.
Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás
funcións públicas do seu país.
A vontade do pobo ó a base da autoridade do poder público; esta
vontade expresarase mediante eleccións auténticas que se haberán
de celebrar periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto
ou outro procedemento equivalente que garanta a liberdade de voto.
Artigo 22ª.
Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social
e a obter, mediante o esforzo nacional e a cooperación internacional,
habida conta da organización e os recursos de cada estado, a satisfacción
dos dereitos económicos, sociais e culturais indispensables á
súa dignidade e ó libre desenvolvemento da súa personalidade.
Artigo 23.
Toda persoa ten dereito ó traballo, á libre elección do
seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e
á protección contra o desemprego.
Toda persoa ten dereito, sen ningunha discrminación, a igual salario
por igual traballo.
Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e
satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia,
unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada,
en caso necesario, por calquera outro medio de protección social.
Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos
seus intereses.
Artigo 24ª.
Toda persoa ten dereito ó descanso, ó gozo do tempo libre, a unha
limitación razoable da duración do traballo e a vacacións
periódicas pagadas.
Artigo 25ª.
Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así
como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial
a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os
servicios sociais precisos; ten tamén dereito ós seguros en caso
de desemprego, enfermidade, invalidez, viúvez e vellez ou outros casos
de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da
súa vontade.
A maternidade e a infancia teñen dereito a coidados e asistencia especiais.
Tódolos nenos e nenas, nacidos de matrimonio ou fóra do matrimonio,
teñen dereito á mesma protección social.
Artigo 26ª.
Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser
de balde, polo menos no que atinxe á instrucción elemental e fundamental.
A instrucción elemental será obrigatoria. A instrucción
técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso ós
estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos
respectivos.
A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade
humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos da persoa e ás
liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia
e a amizade entre as nacións e tódolos grupos étnicos ou
relixiosos; promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións
Unidas para o mantemento da paz.
Os pais teñen dereito preferente a escoller o tipo de educación
que se haberá de dar ós seus fillos.
Artigo 27ª.
Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade,
a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios
que del resulten.
Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais
que lle correspondan por razóns das produccións científicas,
literarias ou artísticas das que sexa autor.
Artigo 28ª.
Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional
na que os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración se fagan
plenamente efectivos.
Artigo 29ª.
Toda persoa ten deberes respecto á comunidade, xa que só nela
pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade.
No exercicio dos seus dereitos e no disfrute das súas liberdades, toda
persoa estará soamente suxeita ás limitacións establecidas
pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto
dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as xustas esixencias da
moral, da orde pública e do benestar xeral nunha sociedade democrática.
Estes dereitos e liberdades non poderán ser, en ningún caso, exercidos
en oposición ós propósitos e principios das Nacións
Unidas.
Artigo 30ª.
Nada na presente Declaración poderá ser interpretado no sentido
de que confire algún dereito ó estado, a un grupo ou a unha persoa,
para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á
supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración.
[index]